lunes, 29 de abril de 2013

O MISTERIO DO BARCO PERDIDO


O misterio do barco perdido de Carlos G. Reigosa é o texto que traballaremos este mes co clube de lectura.

Ó detective Nirvardo Castro encárganlle que investigue a desaparición do "Cadanseu", un barco pesqueiro que se supón naufragado no océano fronte ó Sahara. Malia que non se descubre resto del nin dos seus tripulantes, o armador quere investigar o asunto porque o seu fillo ía no barco. Nirvardo pídelle axuda ó seu amigo Carlos Conde, xornalista. Tras pasar polas illas Canarias e por Beirut, comezarán un periplo maior, indo a Exipto e Beirut, onde coñecerán desde dentro o tráfico internacional de armas e as loitas internas entre diferentes faccións.
Logo de estar no medio dunha dura batalla con rifles de asalto, da que escapan de milagre, descobren que foron utilizados por un home poderoso. Sexa un triunfo ou sexa un fracaso, acaban descubrindo que o seu traballo está feito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario