martes, 17 de junio de 2014

LIBRO E PRAIA


E este verán non esquezades ler sen moderación!!!.

MANGA


Entre as novidades que podes atopar estes días na biblio están uns mangas moi interesantes. Obras da literatura universal que son interpretadas con absoluta modernidade pola editorial Herder. O Príncipe de Maquiavelo e A Divina Comedia de Dante son todo un regalo convertidos en comic xaponés.

OS MITFORD



Jessica Mitford era a quinta de seis irmás dunha lendaria familia aristocrática inglesa que durante os anos trinta e corenta do século XX faríanse famosas polas súas condutas supostamente escandalosas. As seis irmás Mitford eran, Nancy, Pamela, Diana, Unity, Jessica e Deborah cada unha coa súa peculiar personalidade, aínda que todas coa mesma apaixonada entrega aos seus ideais. Unity, admiradora fervente de Hitler; Nancy, cáustica escritora de best-sellers, amiga dos intelectuais da súa época; Pamela, independente e cosmopolita; Diana, esposa do líder fascista inglés Mosley; Deborah, prototipo da terratenente amante da xardinaría; por último Jessica que atopaba o mundo da súa familia tan peculiar como asfixiante e por iso decidiu abandonalo pronto: escapouse a España moi novo co seu noivo, un sobriño de Churchill, a loitar na guerra civil; o consecuente escándalo, que incluíu o envío dun destrutor británico para recuperar aos dous prófugos, inspirou algúns das pasaxes máis divertidas e mordaces dun libro que se publica con moito retraso en España.
Un libro de aventuras, un ensaio de antropoloxía social, unha historia de amor; Nobres e rebeldes é todo iso, ademais dunha deliciosa autobiografía.

martes, 10 de junio de 2014

MAFALDA



Quino o creador de Mafalda será o próximo Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. O xurado 2014 destacou "as lúcidas mensaxes de 'Quino', que seguen vixentes por combinar con sabedoría a simplicidade no trazo do debuxo coa profundidade do seu pensamento" e valorou "o enorme valor educativo" da súa obra. Mafalda non pode estar máis contenta e todos con ela!!!!.

martes, 3 de junio de 2014

FEIRA


A Feria do Libro de Madrid é un dos grandes acontecementos literarios do ano en España. O seu inicio, a semana pasada, serve de termómetro dun sector golpeado pola crise con dureza. Compartimos un enlace sobre os mellores carteis da Feira como homenaxe a unha cita ineludible.

GRAZAS

Todo un éxito a visita de Pedro Feijoo ó centro. Divertido e didáctico, foi marabilloso que compartise o seu xeito de traballar co 12 de Outubro (aportando manuscritos e esquemas temáticos). Unha gozada!!!. Grazas con sabor a mar.






martes, 27 de mayo de 2014

PEDRO FEIJOO


O mércores 28 visitará o noso centro Pedro Feijoo para falar da súa obra. Todo un luxo. O autor dos Fillos do mar contestará as vosas preguntas, e contará os seus novos proxectos.  

martes, 20 de mayo de 2014

NON DEIXES DE IMAXINAR


A GRAN GUERRA




The Great War, que acaba de chegar ás librarías con Mondadori, edítase nun curioso formato: un desplegable de 24 follas que configuran un campo de batalla de máis de sete metros. O fresco de Sacco está cheo de detalles: desde as trincheiras até soldados saltando polo aire, as explosións ou as cociñas de campaña. O escritor e xornalista non utilizou nin unha soa palabra para describir o horror que se viviu aquela xornada. 

POLÉMICOS


Queres coñecer cales son os libros máis polémicos da historia?. No seguinte enlace podes atopalos.

martes, 13 de mayo de 2014

MISERABLES


Fai unhas semanas a DGT fíxo pública esta fotografía dun conductor lendo un libro mentres conducía!!!. Despois de varios análisis parece que o texto que levaba entre as mans este inconsciente, pondo en perigo a súa seguridade e a dos demáis, era Os Miserables. Nunha cousa estamos dacordo, a súa lectura engancha.





O AZAR


O clube de lectura dos maiores escolle Los Surcos del azar como lectura. Unha novela gráfica imprescindible para entender a nosa historia recente.

A través dos recordos de Miguel Ruiz, republicano español exiliado en Francia, Paco Roca reconstrúe a historia do Nove, unha compañía ás ordes do capitán Dronne integrada na segunda división blindada do xeneral Leclerc, e formada maioritariamente por republicanos españois. Unha historia apaixonante e esquecida sobre a contribución española na Segunda Guerra Mundial.
A maioría dos homes que compuñan O Nove tiñan menos de 20 anos cando en 1936 colleron as armas por primeira vez para defender a República española. Ningún sabía entón que os sobreviventes xa non as abandonarían até oito anos despois, e que na noite do 24 de agosto de 1944 serían os primeiros en entrar en París. Os carros de combate levaban, no morro, nomes sorprendentes: Madrid, Don Quichotte, Guadalaxara, Ebro ou Guernica. Os soldados se apellidaban Granell, Campos, Fábregas, Royo, Pujol... Eles encabezarán o desfile da vitoria do día 26 polos Campos Elíseos. Con todo, non lograrán a súa máxima meta de ver España libre do franquismo.

martes, 6 de mayo de 2014

BICICLETAS

El hombre que arreglaba bicicletas, unha novela de Ángel Gil Cheza...

COLGADOS

A resaca do día do libro deixa multitude de libros pendurados feitos polos alumnos coas súas preferencias. Letras para soñar...







martes, 29 de abril de 2014

2014


Aqui tedes os libros máis vendidos no que vai da ano 2014. 
Seguro que podedes atopar ideas nas vosas  novas lecturas. Por certo, encántame ver a Asterix na lista.

Yo fui a EGB (Plaza & Janés), de Javier Ikaz y Jorge Díaz


El juego de Ripper (Plaza & Janés), de Isabel Allende


La jungla de los listos (Espasa), de Miguel Ángel Revilla


Dispara, yo ya estoy muerto (Plaza & Janés), Julia Navarro


No estamos locos (Planeta), de El Gran Wyoming


La verdad sobre el caso Harry Quebert (Alfaguara), de Joel Dicker


Cincuenta sombras de Grey (Debolsillo), de E. L. James


La ladrona de libros (Debolsillo), de Markus Zusak


El francotirador paciente (Alfaguara), de Arturo Pérez-Reverte


El cielo ha vuelto (Premio Planeta 2013), de Clara Sánchez


Las tres bodas de Manolita (Tusquets), de Almudena Grandes


Cincuenta sombras más oscuras (Grijalbo), de E. L. James


Cincuenta sombras liberadas (Grijalbo), de E. L. James


Astérix y los Pictos (Salvat), Didier Conrad y Jean-Yves Ferri


El tiempo entre costuras (edición especial) (Temas de hoy), de María Dueñas

MÁIS QUE LIBROS

Porque a literatura e moito máis que unha boa historia...





martes, 22 de abril de 2014

23 DE ABRIL

Achégase o noso día preferido.




GARCÍA MÁRQUEZ



Si alguien llama a tu puerta, amiga mía,
y algo en tu sangre late y no reposa
y en su tallo de agua, temblorosa,
la fuente es una líquida armonía.

Si alguien llama a tu puerta y todavía
te sobra tiempo para ser hermosa
y cabe todo abril en una rosa
y por la rosa se desangra el día.

Si alguien llama a tu puerta una mañana
sonora de palomas y campanas
y aún crees en el dolor y en la poesía.

Si aún la vida es verdad y el verso existe.
Si alguien llama a tu puerta y estás triste,
abre, que es el amor, amiga mía.

GRAZAS POLA TÚA MAXIA

martes, 8 de abril de 2014

BOOK

ESTACIÓN DE TRÁNSITO


Todo un éxito a videoconferencia que tivemos a sorte de compartir onte con Rosa Aneiros para falar da súa triloxía Amote Leo. O segundo volume xa está nas tendas e promete máis aventuras, máis destinos e máis misterios...
Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil euros para cumprir o seu soño de atravesar todas as fronteiras, as visibles e as invisibles, e converterse na Marco Polo que admiraba de cativa. Neste tempo, visitou cidades como Barcelona, Lisboa ou Marrakech e aprendeu a dar pasos por si mesma, con todas as satisfaccións e, tamén, todos os erros ás costas. A fantástica tropa de Ruth, ese alivio para o seu peto e desazo para o corazón, foi ata o momento a súa mellor aliada contra a morriña que lle pisa, teimuda, os calcañares. Agora, nese vehículo incómodo que atravesa Turquía, Leo ten que decidir que facer. Que visitar. Con quen. Como. A rapaza bota a man á cabeza acabada de rapar e suspira. Dende logo, esa visita inesperada en Istambul uns días antes non axuda a tomar unha decisión firme. Estación de tránsito é a segunda entrega da triloxía Ámote Leo A. Logo das peripecias de Destino xalundes, Leo deberá superar dificultades e asumir sorpresas tan marabillosas como imprevistas no seu camiño. Haberá novas cidades, novas amizades e novas pintadas para unha viaxe que parte de cero cada día. Cales serán os seus próximos pasos? Conseguirá Leo cumprir o seu soño? Acompáñaa e déixate seducir por un mundo fascinante da man da infatigable Leo A.

martes, 1 de abril de 2014

COMO CHO DIGO

PANTASMAS

Temos novo texto para o clube de lectura dos pequenos: A pantasma de Canterville.



Unha familia estadounidense adquire o castelo de Canterville, nun fermoso lugar na campiña inglesa a sete millas de Ascot, en Inglaterra. Hiram B. Otis trasládase coa súa familia ao castelo, pero Lord Canterville, dono anterior do mesmo, advírtelle que a pantasma de sir Simon de Canterville anda no edificio desde fai non menos de trescentos anos, despois de asasinar á súa esposa lady Eleonore de Canterville. Pero o Sr. Otis, estadounidense moderno e práctico, desatende as súas advertencias. Así, coa súa esposa Lucrecia, o fillo maior Washington, a fermosa filla Virginia e dous travesos xemelgos, múdanse á mansión, burlándose constantemente da pantasma debida a súa indiferenza ante os sucesos paranormales. A pantasma non logra asustalos, e máis ben pasa a ser vítima das bromas dos terribles xemelgos e en xeral, do pragmatismo de todos os membros da familia, polo que cae en enojo e depresión, ata que finalmente, con axuda de Virginia (quen se apena pola pantasma), logra alcanzar a paz da morte. 

martes, 25 de marzo de 2014

TEATRO CLÁSICO

O departamento de latín organizou onte unha saída a Lugo, con alumnos de 4 da ESO e Bacharelato. para asistir a representación de dúas obras de teatro clásico. Traxedia matutina, Hipsípila e comedia vespertina, a Aulularia. As imaxes falan por si mesmas.