martes, 13 de mayo de 2014

O AZAR


O clube de lectura dos maiores escolle Los Surcos del azar como lectura. Unha novela gráfica imprescindible para entender a nosa historia recente.

A través dos recordos de Miguel Ruiz, republicano español exiliado en Francia, Paco Roca reconstrúe a historia do Nove, unha compañía ás ordes do capitán Dronne integrada na segunda división blindada do xeneral Leclerc, e formada maioritariamente por republicanos españois. Unha historia apaixonante e esquecida sobre a contribución española na Segunda Guerra Mundial.
A maioría dos homes que compuñan O Nove tiñan menos de 20 anos cando en 1936 colleron as armas por primeira vez para defender a República española. Ningún sabía entón que os sobreviventes xa non as abandonarían até oito anos despois, e que na noite do 24 de agosto de 1944 serían os primeiros en entrar en París. Os carros de combate levaban, no morro, nomes sorprendentes: Madrid, Don Quichotte, Guadalaxara, Ebro ou Guernica. Os soldados se apellidaban Granell, Campos, Fábregas, Royo, Pujol... Eles encabezarán o desfile da vitoria do día 26 polos Campos Elíseos. Con todo, non lograrán a súa máxima meta de ver España libre do franquismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario