lunes, 17 de junio de 2013

DOMINO

Despois de cinco intentos a Biblioteca Pública de Seattle, conseguíu o novo record mundial de caída de libros (en efecto domino) o 31 de maio pasado. As imaxes son suxerentes e un tanto oníricas. O obxectivo dar comezo a campaña de lectura de verán na cidade norteamericana. 

CINCINNATI

Descubrimos as imaxes da biblioteca de Cincinnati (EEUU) a finais do século XIX, e soñamos con subirnos a todas as estanterías e facer unha viaxe pola imaxinación a través de un millón de historias.


lunes, 10 de junio de 2013

LATA DE SAL

Lata de Sal é unha editorial de álbum ilustrado especializada en dúas coleccións: Vintage e Gatos. Publican libros preciosos, elixidos tras unha coidada selección e unha investigación exhaustiva. Libros entrañables, emotivos, nostálxicos, felinos. Os álbums ilustrados están destinados a lectores de cero a cento e pico anos. E a gatos, claro. 
Lombos metalizados e unha sorpresa no interior de dos seus libros son marca da casa. Que será?.

FEIRA DO LIBRO


Celébrase estes días no Parque do Retiro a Feira do Libro de Madrid, agardando cales serán os libros máis vendidos deste ano, presentamos no seguinte enlace os comics máis recomendados pola feira. Todo un catálogo de novedades que non podemos deixar pasar.

GARABATOS



Un Doodle (garabato) é un debuxo de calquera cousa, concreta ou abstracta, que se fai mentres a atención está ocupada noutra cousa ou cando a persoa está aburrida. Os estudantes adoitan facelos nos cadernos da escola, a miúdo nas marxes, elaborados mentres están a soñar espertos ou cando perden o interese na clase. 
O buscador google chama así os debuxos que ilustran as busquedas certos días da semana para conmemorar algún evento ou recordar a certas personalidades. Hai un montón deles relacionados coa literatura e hoxe queremos descubrilos. O que ilustra este post é unha homenaxe a Federico García Lorca.

lunes, 3 de junio de 2013

ANATOMÍA E LETRAS

TASTARABÁS


Froito de dez anos de traballo, velaquí temos Tastarabás. Editado por Xerais, é unha enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Nesta obra, Antón Cortizas, ao longo de máis de mil páxinas, ofrece un extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradicional cultura lúdica. Máis de 2.500 fotografías acompañan os arredor de 1.000 brinquedos, enredos e mesmo brincadeiras efémeras que compoñen o volume, todos eles descritos de forma pormenorizada e completados con informacións sobre o seu uso, a dificultade de construción, as súas variantes, os lugares de recolla das informacións, anécdotas dos informantes relativas aos xoguetes descritos e tamén textos literarios ou doutra índole, nos cales un gran número de autores se refiren a eles. Velaquí un libro de divulgación que recompila nun só volume a meirande parte dos xoguetes tradicionais que formaron e forman parte da nosa cultura, clasificados en brinquedos do mundo animal, vexetal e inanimado, brinquedos de enxeño e habilidade, bonecas, brinquedos de desprazamento e transporte, arsenal infantil, brinquedos sonoros e xoguetes ou elementos para xogos regrados, entre outros.



XORNADAS


Asistimos as xornadas dos clubes de lectura, celebradas o venres en Santiago. A conclusión é que a pesar da situación dificil que vive o ensino público hai moita xente con gañas de traballar para fomentar o pracer dos libros entre o alumnado. Que siga moitos anos.