martes, 19 de noviembre de 2013

ESPELLOS

ESPAZO LECTURA


Espazo Lectura é unha organización non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega. Está situada en Gondomar, no Val Miñor, e organiza actividades sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción lectora, así como calquera outro tipo de iniciativas que teñan que ver coa promoción da lectura e do libro como referentes de benestar social e coa consideración do libro como elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas.

Para levar a cabo os seus fins, Espazo Lectura mantén unha programación, tanto estable coma conxuntural, en relación cos cometidos que persegue, atendendo ao principio de que o libro ou a lectura sexan o elemento nuclear e de referencia. As populares sesións de contacontos  son a actividade fundacional da asociación.

martes, 12 de noviembre de 2013

RAFA


Na bibilioteca escasean os textos biográficos de deportistas. Un problema que temos que resolver en breve. Un bo inicio para mergullarse neste tipo de obras é Rafa.  Como se forxa un campión? Que hai que facer para ser o mellor do mundo nun deporte como o tenis? Con sinxeleza, franqueza e intelixencia, Rafael Nadal guía aos lectores polo dramático e triunfante viaxe da súa vida, sen perder nunca de vista o trofeo que máis valora neste mundo: a unidade e o amor da súa familia . Desde que iniciou a súa traxectoria profesional,  ascendeu meteóricamente e é o tenista profesional máis novo que gañou catro títulos de Grand Slam. A súa historia empeza na illa de Mallorca, onde a familia Nadal viviu durante xeracións. Adestrado polo seu tío Toni desde que tiña 4 anos, educado polos seus pais na modestia e o respecto, Rafa conseguiu a inusual fazaña de ser unha persoa sinxela, laboriosa e amable, e un exemplo de conduta en todos os aspectos da vida.

MEDO


Unha provocadora novela sobre as mozas soldado no Exército israelí dirixida ós alumnos de Bacharelato. A premiada autora israelí Shani Boianjiu desvela unha realidade descoñecida, á vez que capta a enerxía e a efervescente angustia da adolescencia. Lea, Avishag e Yael son amigas da escola nun pequeno pobo ao norte de Israel. Durante as clases soñan espertas cos mozos que lles gustan. Cando cumpren o dezaoito anos, son recrutadas polo Exército e a súa vida cambia de forma inesperada.


martes, 5 de noviembre de 2013

PICTOS!!!


En 1959 nacía o galo máis famoso de todos os tempos, Astérix. Nese mesmo ano, nacen os que se converteron nos novos pais deste personaxe: Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, os autores da entrega 35: Astérix e os Pictos. Por primeira vez independente de Uderzo e Goscinny (morto en 1977) o libro é unha caixa de sorpresas e dende logo está a altura das circunstancias. Dentro de dous anos, máis.

DIA DA CIENCIA

Celebramos o  Día da Ciencia en Galego cunha exposición na que a grande estrela é unha cúpula xeodéxica en homenaxe a Richard Buckminster. Ciencia e xeometría dialogan nesta mostra na que colaboran moitos departamentos do centro.