martes, 10 de diciembre de 2013

EDUCACIÓN GENERAL BÁSICA



Moitos somos os que non estudamos na ESO. Desfrutamos dunha época única que para algúns nostálxicos resístese a esmorecer. Un libro agora recolle toda unha época con centos de obxectos recoñecibles. YO FUI A LA EGB!.

LIBRARÍAS


Viaxar non tería sentido se non atopásemos, sempre en cada ruta,  unha libraría que contemplar. Neste enlace tedes as 10 máis fermosas para un coñecido xornal español.

martes, 3 de diciembre de 2013

UN LIBRO, UN DÍA


O soño de calquera bo amante dos libros sería ter tempo, moito tempo, para poder ler todo o que queda abandonado nos estantes por mor dunha vida cargada de presas. Este blog en parte cristaliza a utopía de ler un libro cada día, neste caso cunha nova reseña. Moi interesante.

DESAFÍO CHAMPIONS




Dende a Biblioteca e o departamento de Ciencias Sociais plantexamos un concurso que ten enganchados ós rapaces do primeiro ciclo da Eso. Un xogo xeográfico que consiste en relacionar os 32 escudos dos equipos que xogan este ano a Copa de Europa de Fútbol coas imaxes correspondentes as súas cidades de orixe. As mesmas ocupan un corredor do segundo andar do instituto, hoxe un balbordo de ilusión e coñecemento. O premio a camiseta do equipo preferido do gañador :) 

martes, 19 de noviembre de 2013

ESPELLOS

ESPAZO LECTURA


Espazo Lectura é unha organización non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega. Está situada en Gondomar, no Val Miñor, e organiza actividades sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción lectora, así como calquera outro tipo de iniciativas que teñan que ver coa promoción da lectura e do libro como referentes de benestar social e coa consideración do libro como elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas.

Para levar a cabo os seus fins, Espazo Lectura mantén unha programación, tanto estable coma conxuntural, en relación cos cometidos que persegue, atendendo ao principio de que o libro ou a lectura sexan o elemento nuclear e de referencia. As populares sesións de contacontos  son a actividade fundacional da asociación.

martes, 12 de noviembre de 2013

RAFA


Na bibilioteca escasean os textos biográficos de deportistas. Un problema que temos que resolver en breve. Un bo inicio para mergullarse neste tipo de obras é Rafa.  Como se forxa un campión? Que hai que facer para ser o mellor do mundo nun deporte como o tenis? Con sinxeleza, franqueza e intelixencia, Rafael Nadal guía aos lectores polo dramático e triunfante viaxe da súa vida, sen perder nunca de vista o trofeo que máis valora neste mundo: a unidade e o amor da súa familia . Desde que iniciou a súa traxectoria profesional,  ascendeu meteóricamente e é o tenista profesional máis novo que gañou catro títulos de Grand Slam. A súa historia empeza na illa de Mallorca, onde a familia Nadal viviu durante xeracións. Adestrado polo seu tío Toni desde que tiña 4 anos, educado polos seus pais na modestia e o respecto, Rafa conseguiu a inusual fazaña de ser unha persoa sinxela, laboriosa e amable, e un exemplo de conduta en todos os aspectos da vida.

MEDO


Unha provocadora novela sobre as mozas soldado no Exército israelí dirixida ós alumnos de Bacharelato. A premiada autora israelí Shani Boianjiu desvela unha realidade descoñecida, á vez que capta a enerxía e a efervescente angustia da adolescencia. Lea, Avishag e Yael son amigas da escola nun pequeno pobo ao norte de Israel. Durante as clases soñan espertas cos mozos que lles gustan. Cando cumpren o dezaoito anos, son recrutadas polo Exército e a súa vida cambia de forma inesperada.


martes, 5 de noviembre de 2013

PICTOS!!!


En 1959 nacía o galo máis famoso de todos os tempos, Astérix. Nese mesmo ano, nacen os que se converteron nos novos pais deste personaxe: Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, os autores da entrega 35: Astérix e os Pictos. Por primeira vez independente de Uderzo e Goscinny (morto en 1977) o libro é unha caixa de sorpresas e dende logo está a altura das circunstancias. Dentro de dous anos, máis.

DIA DA CIENCIA

Celebramos o  Día da Ciencia en Galego cunha exposición na que a grande estrela é unha cúpula xeodéxica en homenaxe a Richard Buckminster. Ciencia e xeometría dialogan nesta mostra na que colaboran moitos departamentos do centro.









martes, 29 de octubre de 2013

O MOZO SEN COR

Un autor de culto en Xapón publica nova novela.  H. Murakami publica Los años de peregrinación del chico sin color. Unha obra poética e cautivadora a un tempo. Chea de imaxes e sentimentos.
Tsukuru Tazaki era adolescente, sentaba durante horas nas estacións para ver pasar os trens. Agora, con trinta e seis anos, é un enxeñeiro que deseña e constrúe estacións de ferrocarril e que leva unha vida tranquila, demasiado solitaria. Cando coñece a Sara, unha muller pola que sente atraído, empeza a exporse cuestións que cría definitivamente resoltas. Entre outras, un traumático episodio da súa mocidade. Ecos do pasado e do presente, pianistas capaces de predicir a morte e de ver a cor das persoas, mans de seis dedos, soños perturbadores, raparigas fráxiles e mortes que suscitan interrogantes compoñen a paisaxe, pautado polas notas dos anos de peregrinación de Liszt, polo que Tsukuru viaxará en busca de sentimentos longo tempo ocultos. Decididamente, chegoulle a hora de subirse a un tren. 

VENDAS



De vez en cando non está mal botar un ollo ós libros máis vendidos. Estes son os de setembro. Fonte GfK.

Ficción
1. DISPARA, YO YA ESTOY MUERTO. Julia Navarro (PLAZA & JANÉS)
2. EL HÉROE DISCRETO. Mario Vargas Llosa (ALFAGUARA)
3. CIRCO MÁXIMO. Santiago Postiguillo (PLANETA)
4. LA VERDAD SOBRE EL CASO HARRY QUEBERT. Joel Dicker (ALFAGUARA)
5. Y LAS MONTAÑAS HABLARON. Khaled Hosseini (SALAMANDRA)
6. INFERNO. Dan Brown (PLANETA)
7. LO QUE ESCONDÍAN SUS OJOS. Nieves Herrero (LA ESFERA DE LOS LIBROS)
8. CINCUENTA SOMBRAS DE GREY (CINCUENTA SOMBRAS I) E.L. James (GRIJALBO)
9. PIDEME LO QUE QUIERAS O DEJAME. Megan Mawell (ESENCIA)
10. CINCUENTA SOMBRAS LIBERADAS (CINCUENTA SOMBRAS III). E.L. James (GRIJALBO)

No ficción
1. LA ENZIMA PRODIGIOSA. Hiromi Shinya. (AGUILAR)
2. EL MÉTODO ENTULINEA DE WEIGHT WATCHERS… Weight Watchers (PLANETA)
3. EL SUEÑO DE ALICIA. Eduardo Punset (DESTINO)
4. COSAS NO ABURRIDAS PARA SER FELIZ. Mr. Wondeful (LUNWERG)
5. NADIE ES MÁS QUE NADIE. Miguel Ángel Revilla (ESPASA-CALPE)
6. LA ENCIMA PARA REJUVENECER. Hiromi Shinya. (AGUILAR)
7. ONE DIRECTION. SUS MEJORES FOTOS. Sara-Louse James (ANAYA MULTIMEDIA-ANAYA INTERACTIVE)
8. EL ARTE DE NO AMARGARSE LA VIDA. Rafael Santandreu Lorite (ONIRO)
9. VIVE TU VIDA. Enrique Rojas (TEMAS DE HOY)
10. TODO LO QUE ERA SÓLIDO. Antonio Muñoz Molina (SEIX BARRAL)

martes, 22 de octubre de 2013

DE VAMPIROS E OUTRAS HERBAS

Agora que se achega o Samaín, nada mellor que ir recopilando literatura temática. O grupo SM presenta algunhas pistas para os máis pequenos e tamén para adolescentes.

CALPURNIA TATE


Un libro irresistible cargado de infancia e curiosidade. Un xoia máxica e sinxela. Falamos da Evolución de Calpurnia Tate. Calpurnia, Callie Vee, é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que a súa nai insiste en que aprenda a tocar o piano, coser e cociñar, ela está máis interesada no que ocorre tras a porta pechada da biblioteca, ou no laboratorio do seu avó. Aos poucos irá gañándose a este señor un tanto huraño e empezará a colaborar con el nas súas observacións do medio natural, aprenderá quen é Darwin, que son as especies e as subespecies e tamén o idiotas que se volven os irmáns maiores cando se namoran. 
A continuación o primeiro capítulo.

O VIXÍA NO CENTEO


Un dos libros máis recoñecidos do pasado século é O vixía no centeo de Salinger. Holden Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da escola, decide deixala antes. Pasa tres días na cidade de Nova York e conta a historia do que fixo e sufriu. Narrada moi subxectivamente (o protagonista fai valoracións de todo canto relata), utilizando unha linguaxe propia da mocidade e facendo unhas análises da realidade mediatizadas pola peculiar personalidade do protagonista, a través do relato asistimos á fuxida cara adiante de Holden quen expulsado do seu elitista colexio, decide marcharse de alí e deambula polas rúas de Nova York queimando un tras outro os seus recursos de subsistencia. Personalidade nerviosa e sensible, Holden, na transición da adolescencia á madurez, enfróntase no decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a tódolos mozos: o seu lugar na sociedade, os valores que se afianzan e se desbotan, a actitude fronte á morte, o amor e outros sentimentos que suscita, a amizade, a iniciación ó sexo..., contado todo con humor e unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en primeira persoa. Holden Caulfield é, dende 1951, ano da publicación de O vixía no centeo, o sinónimo de adolescente inconformista, o símbolo da autoafirmación do individuo fronte a un medio hostil. Neses tres días, nos que cronoloxicamente se desenvolve a novela, Holden enfróntase ás súas propias contradiccións e ó imperioso desexo de fuxida.
A continuación algunha das súas citas máis recoñecibles.

martes, 15 de octubre de 2013

EL TIEMPO ENTRE COSTURAS

Desexando ver a versión televisiva de El tiempo entre costuras que este outono emitirá Antena 3.  Un libro que puxo dacordo a crítica e público, unha historia de amor, espías, colonialismo e paixón.

ALICE MUNRO


Alice Munro gañou a semana pasada o premio Nobel de literatura. Escritora canadense, Alice Munro é coñecida principalmente pola súa mestría no relato e a súa visión persoal da condición humana, sendo considerada unha das mellores autoras en lingua inglesa que seguen en activo.

Dende aqui recomendamos Mi vida Querida na Editorial Lumen:

Bastan un bico roubado, un salto desde un tren en marcha, a sombra dunha muller que me rodea ao redor dunha casa, unha bebedeira de media tarde ou as preguntas arriscadas dunha nena para conformar un mundo que se baste a si mesmo e conte a vida enteira? 
A gran autora canadense nunha colección de contos onde vemos a homes e mulleres obrigados a traficar coa vida sen máis recursos que a súa humanidade. Comezos, finais, viraxes do destino... e de súpeto, cando criamos que o relato chegaría á súa obvia conclusión, Munro convídanos a dar outra volta de torca que cambia o fluír dos acontecementos e emociona ao lector, mostrando até que punto esa vida cotiá que tanto nos cansa pode chegar a ser extraordinaria.



martes, 8 de octubre de 2013

MENOS FACE E MÁIS BOOK

Non coñezo unhas campañas mellores para incitar á lectura que as das librerías mexicanas Gandhi. 




EL ARENQUE ROJO

Este libro é un álbum ilustrado de 24 páxinas nas que non hai unha soa palabra escrita. Todas as páxinas representan unha secuencia dunha tarde calquera nun parque de calquera lugar. Un home monta en bicicleta; unha nena le un libro; unha nai pasea cos seus dous fillos; un músico toca a frauta; un home fotografa a un can; uns nenos xogan á pelota... Ao pasar a páxina -cal fotograma- todos os personaxes seguen aí, pero cambiou un xesto; avanzaron uns pasos; fan algo distinto... Na última páxina do libro atoparás un sobre e, dentro del, un libreto que contén 7 historias. Gonzalo Moure fálanos de 7 personaxes que aparecen nas ilustracións do libro. Inventa unha historia para cada un deles; que pode ser ou non ser certa. E deixa a historias non escritas, só as que outros vemos, en mans dos lectores para que imaxinemos o demais. Mira o libro, elixe un personaxe, segue o seu percorrido en cada unha das páxinas e imaxina quen é, como é a súa vida, que soños ten... 

martes, 1 de octubre de 2013

HARRY QUEBERT


Unha novela recomendable para bacharelato é La verdad sobre o caso Harry Quebert, de Joël Dicker, é unha novela de suspense a tres tempos -1975, 1998 e 2008- achega do asasinato dunha moza na cidade de Aurora, en New Hampshire. Quen matou a Nola Kellergan é a gran incógnita a desvelar nesta incomparable historia policiaca da narrativa estranxeira, cuxa experiencia de lectura escapa a calquera intento de descrición. O maior fenómeno editorial dos últimos anos: un mozo suízo de 27 anos cun thriller monumental, literariamente adictivo. A novela gañou o Premio Goncourt deas Lycéens, Gran Premio de Novela da Academia Francesa e Premio Lire á mellor novela en lingua francesa. 

LA MEMORIA DE LAS SOMBRAS



Se o que buscas é unha desas historia nas que unha moza se mete en leas e ten que esperar a que un mozo a rescate porque non sabe defenderse soa, entón esta historia non é para ti. Nin falar.
Se o que buscas é unha historia na que unha moza se namora do tipo equivocado... Bo, entón poida que si. Pero esta historia, a miña, vai de moitas outras cousas, como de saber quen es.
En calquera caso, se te decides a ler este libro, faino nunha habitación ben iluminada, porque non podes saber se o que vive nas sombras é bo ou malo. Pero é moi probable que haxa algo aí aínda que ti non o vexas.

CIRCO MÁXIMO


Santiago Posteguillo é un dos autores preferidos na nosa biblioteca, agora co lanzamento da súa nova obra Circo Máximo tedes a oportunidade de ler o primeiro capítulo dun texto cargado de aventuras na antiga Roma.

martes, 24 de septiembre de 2013

PUBLIVIDEO

Atopamos dous videos que teñen como protagonistas secundarios as bibliotecas.

 





BILLETES



O Banque de France emite en 1997 este billete de 50 francos en homenaxe a Antoine de Saint-Exupéry, o autor do Principiño. Non deixedes de ler este texto que atoparedes na biblioteca. Un conto fermoso cheo de humanismo.

martes, 17 de septiembre de 2013

CARICATURAS

Mark Summers é un caricaturista americano, que como faría Velázquez, nos regala retratos psicolóxicos de diferentes escritores para marabillarnos coa arte e a literatura.



FREE BOOKS


Unha ex-alumna envía un enlace do máis interesante. Unha páxina para descargar libros en galego gratis.

lunes, 17 de junio de 2013

DOMINO

Despois de cinco intentos a Biblioteca Pública de Seattle, conseguíu o novo record mundial de caída de libros (en efecto domino) o 31 de maio pasado. As imaxes son suxerentes e un tanto oníricas. O obxectivo dar comezo a campaña de lectura de verán na cidade norteamericana. 

CINCINNATI

Descubrimos as imaxes da biblioteca de Cincinnati (EEUU) a finais do século XIX, e soñamos con subirnos a todas as estanterías e facer unha viaxe pola imaxinación a través de un millón de historias.


lunes, 10 de junio de 2013

LATA DE SAL

Lata de Sal é unha editorial de álbum ilustrado especializada en dúas coleccións: Vintage e Gatos. Publican libros preciosos, elixidos tras unha coidada selección e unha investigación exhaustiva. Libros entrañables, emotivos, nostálxicos, felinos. Os álbums ilustrados están destinados a lectores de cero a cento e pico anos. E a gatos, claro. 
Lombos metalizados e unha sorpresa no interior de dos seus libros son marca da casa. Que será?.

FEIRA DO LIBRO


Celébrase estes días no Parque do Retiro a Feira do Libro de Madrid, agardando cales serán os libros máis vendidos deste ano, presentamos no seguinte enlace os comics máis recomendados pola feira. Todo un catálogo de novedades que non podemos deixar pasar.

GARABATOS



Un Doodle (garabato) é un debuxo de calquera cousa, concreta ou abstracta, que se fai mentres a atención está ocupada noutra cousa ou cando a persoa está aburrida. Os estudantes adoitan facelos nos cadernos da escola, a miúdo nas marxes, elaborados mentres están a soñar espertos ou cando perden o interese na clase. 
O buscador google chama así os debuxos que ilustran as busquedas certos días da semana para conmemorar algún evento ou recordar a certas personalidades. Hai un montón deles relacionados coa literatura e hoxe queremos descubrilos. O que ilustra este post é unha homenaxe a Federico García Lorca.

lunes, 3 de junio de 2013

ANATOMÍA E LETRAS

TASTARABÁS


Froito de dez anos de traballo, velaquí temos Tastarabás. Editado por Xerais, é unha enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Nesta obra, Antón Cortizas, ao longo de máis de mil páxinas, ofrece un extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradicional cultura lúdica. Máis de 2.500 fotografías acompañan os arredor de 1.000 brinquedos, enredos e mesmo brincadeiras efémeras que compoñen o volume, todos eles descritos de forma pormenorizada e completados con informacións sobre o seu uso, a dificultade de construción, as súas variantes, os lugares de recolla das informacións, anécdotas dos informantes relativas aos xoguetes descritos e tamén textos literarios ou doutra índole, nos cales un gran número de autores se refiren a eles. Velaquí un libro de divulgación que recompila nun só volume a meirande parte dos xoguetes tradicionais que formaron e forman parte da nosa cultura, clasificados en brinquedos do mundo animal, vexetal e inanimado, brinquedos de enxeño e habilidade, bonecas, brinquedos de desprazamento e transporte, arsenal infantil, brinquedos sonoros e xoguetes ou elementos para xogos regrados, entre outros.



XORNADAS


Asistimos as xornadas dos clubes de lectura, celebradas o venres en Santiago. A conclusión é que a pesar da situación dificil que vive o ensino público hai moita xente con gañas de traballar para fomentar o pracer dos libros entre o alumnado. Que siga moitos anos.

lunes, 27 de mayo de 2013

CONTINUARÁ


Continúa la Historia é unha páxina web que ten como obxectivo crear un micro-relato a partir das frases que envían os usuarios. Cando un usuario publica unha frase nunha historia, o resto de usuarios que visitan a historia verana na lista de frases dispoñibles. Desde o momento que se crea a primeira frase empézanse a contar as votacións que vai recibindo cada frase. Cando o número de votacións que recibiron todas as frases posibles é 5, a frase automaticamente pasa á historia final.

LIBRARYTHING


Agora que están tan de moda as redes sociais quero recomendar unha relacionada coa catalogación de libros. O seu nome LibraryThing. Insertando o título, autor ou ISBN podes crear a túa biblioteca y atopar recomendacións doutros usuarios a partir das túas lecturas. O único punto negativo e que só podes engadir 200 libros gratis.  Moi recomendable.

lunes, 20 de mayo de 2013

PÁGINA 2



Na actualidade os programas culturais son unha rareza, os programas sobre libros unha utopía. Así que non podemos negar o mérito de Página 2, o programa de TVE adicado a arte de contar historias en papel. No seguinte enlace podedes rescatar fantásticas entrevistas a autores nacionais e internacionais.

QUÉ LEER


QUÉ LEER é unha das revistas con temática literaria  máis recoñecidas a nivel popular. Hoxe queremos recomendar a súa fantástica páxina web. 

domingo, 12 de mayo de 2013

DAN BROWN

E falando de promocións, o 16 de maio sae a venda un dos libros máis esperados polos libreiros, Inferno de Dan Brown (autor do Código Da Vinci). As ventas do mesmo serán enormes.

No corazón de Italia, o catedrático de Simboloxía de Harvard Robert Langdon vese arrastrado a un mundo terrorífico centrado nunha das obras mestras da Literatura máis imperecederas e misteriosas da Historia: o Inferno de Dante. Con este pano de fondo, Langdon enfróntase a un adversario arrepiante e lida cun enigma enxeñoso nun escenario de arte clásica, pasadizos secretos e ciencia futurista. Apoiándose no escuro poema épico de Dante, Langdon, nunha carreira contrarreloxo, busca respostas e persoas de confianza antes de que o mundo cambie irrevocablemente.
Aquí podes ler as primeiras páxinas.



BOOKTRAILER

Están de moda os Booktrailers, pequenos videos que publicitan un libro antes da súa saída en librerías. Hai auténticas xoias. Un exemplo, El despertar de la señorita Prim, da galega Natalia Sanmartín, editado por Planeta.

domingo, 5 de mayo de 2013

MARCAPÁXINAS

Atopamos dúas páxinas moi recomendables sobre uns compañeiros ocultos dos libros: os marcapáxinas. Laminas decoupage permite imprimir un feixe destes anacos de papel , Montón de marcapáginas ten máis vocación de catálogo pero non deixa de ser interesante.


FELICES

Felices polo éxito da iniciativa pegadas, que tamén podes consultar no blog. O video non deixou indeferente a ninguén e xa temos máis candidatos para recomendar a súa obra preferida. Seremos capaces de agardar un ano sen rodar de novo?.