martes, 8 de octubre de 2013

EL ARENQUE ROJO

Este libro é un álbum ilustrado de 24 páxinas nas que non hai unha soa palabra escrita. Todas as páxinas representan unha secuencia dunha tarde calquera nun parque de calquera lugar. Un home monta en bicicleta; unha nena le un libro; unha nai pasea cos seus dous fillos; un músico toca a frauta; un home fotografa a un can; uns nenos xogan á pelota... Ao pasar a páxina -cal fotograma- todos os personaxes seguen aí, pero cambiou un xesto; avanzaron uns pasos; fan algo distinto... Na última páxina do libro atoparás un sobre e, dentro del, un libreto que contén 7 historias. Gonzalo Moure fálanos de 7 personaxes que aparecen nas ilustracións do libro. Inventa unha historia para cada un deles; que pode ser ou non ser certa. E deixa a historias non escritas, só as que outros vemos, en mans dos lectores para que imaxinemos o demais. Mira o libro, elixe un personaxe, segue o seu percorrido en cada unha das páxinas e imaxina quen é, como é a súa vida, que soños ten... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario