martes, 18 de febrero de 2014

ÁMOTE




Co gallo do día dos namorados e a saída do segundo volume da triloxía de Rosa Aneiros, Ámote Leo A. Xogamos no centro co título para amar e ser amados, e Rosa acórdase de nós no seu Twiter .Unha aperta e sorte co novo volume.

MULLERES


A escritora Joanna Walsh confirma que unha muller pode cambiar o mundo. Durante 2014 pretende ler unicamente libros escritos por mulleres. E nada mellor que empregar estes marcapáxinas reivindicativos feitos por ela con algunhas das escritoras que transformaron a sociedade dos nosos días.

martes, 11 de febrero de 2014

SUPERDEBUXO

Somos uns frikis dos comics, tanto que tamén soñamos con facelos. Anímaste?.

 

33

Fíxate na  imaxe e coñece 33 razóns para non deixar de ler. Cal é a túa?.


O QUIXOTE

Hoxe sería moi dificil que algún canal se decantase por facer unha serie sobre O Quixote, pero houbo un tempo, os anos 80, onde os clásicos da literatura tiñan formas de debuxo animado. Qué gozada!!!.



martes, 4 de febrero de 2014

AMOR

Achégase San Valentín, así que xa podedes ir pensando en lecturas para celebrar unha data marcada polos corazóns, o vermello e sempre, sempre, os libros.





ANGULEMA

Angulema (Francia) é a capital mundial do comic. Todos os anos por estas datas celébrase un dos salóns internacionais máis importantes do xénero. A implicación da cidade é tal que pasear polas súas rúas significa entrar nun fanzine.