lunes, 8 de abril de 2013

MAÑALA LO DEJO


O próximo libro escollido para o clube de lectura do Bacharelato, é Mañala lo dejo de Gilles Legardinier. Cargado de humor a propia editorial proclama que o libro é a mellor receta anti-crise, debería estar recetado pola seguridade social.
Na terceira festa de divorcio dun amigo, Julie recibe unha pregunta inesperada: Que é o máis estúpido que fixeches na túa vida?. Moitas cousas, pensa, tales como tentar arranxar unha toma de electricidade sostendo os cables entre os dentes, ou obsesionarse polo seu novo veciño con só ver o seu nome, Ricardo Patatras, escrito na caixa de correos.
Mentres se dispón a botar pola borda o seu traballo nun banco para atender na panadaría da señora Bergerot, e faise cargo do pequeno horto da súa veciña, Julie non vacilará en correr todos os riscos necesarios para conquistar o corazón dese veciño tan sedutor como misterioso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario