lunes, 25 de febrero de 2013

VERDEDADES





Fermoso libro para iniciarse na poesía, Verdedades, da autoría de Iolanda Castaño e inesquecibles ilustracións de Xosé Tomás, constitúe un canto á natureza e ás variedades botánicas. Trátase dunha composición de tipo popular para soñar co noso medio natural. Tal e como explica Xosé o tema son as plantas, os froitos, as verduras,...e as persoas que conviven con elas e as observan. Un verán na casa dos avós, unha nena que aprende sen tempos, sen límites, con libertade e paixón polo descubrimento. E a vida vexetal que os rodea a todos, que os envolve dentro e fóra da casa. É unha obra en poesía, con fondos silencios, que tratamos que convidase á contemplación pausada e emocional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario