lunes, 4 de febrero de 2013

AMOR DE SEREA


Tal e como anuncia a Editorial Xerais chega ás librarías a nova aventura de Tintimán, un xornalista mozo, aventureiro e fachendoso que en dúas entregas anteriores investigou senllas conspiracións históricas nas cidades de Santiago de Compostela e na Coruña. O personaxe, creado polo escritor e xornalista Santiago Jaureguizar (Bilbao, 1965), visitará nesta ocasión Vigo para deitar luz sobre a aparente desaparición dos galeóns de Rande. Non hai rastro deles en toda a ría de Vigo. O Amor de Serea toleou os malvados, que están dispostos a calquera ruindade para facerse con el. Soamente o reporteiro máis valente e espelido de Galicia, Tintimán, poderá combatelos malia ter apenas 16 anos. O afouto investigador porá en risco a súa vida, pero non está só na loita contra o mal: axúdao Mónica, unha compañeira de clase que presume de ser a súa moza, e Señor Grozni, un gato torto con supostos poderes telepáticos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario