lunes, 17 de diciembre de 2012

UMPA-PÁ


Adquirimos para a biblioteca do centtro Umpa-pá, unha serie de comics recopilados agora nun libro pola editorial Salvat. Os creadores do mesmo foron Uderzo e Goscinny ou o que é o mesmo os pais de Asterix e Obelix. Tal e como nos conta a Wikipedia as historietas de Umpa-pa transcorren na américa do Norte do século XVIII, cando a carabela La Arrogante chega a aquelas afastadas terras para conquistar territorios por orde do rei. O impetuoso cabaleiro Humberto da Pasta de Hojaldre, ansioso por explorar as terras americanas, desembarca en solitario, e Umpa-pá, valeroso guerreiro da tribo dos Valevale, captúrao. Xa na súa tribo, outros importantes personaxes do clan como o ancián Sóloundiente ou o feiticeiro Comollueve, pretenden comerse ao cabaleiro, mentres que se Umpa-pà desexa conservalo, deberá pasar unha serie de probas. Durante o transcurso das mesmas, Pasta de Hojaldre deféndeo, e isto emociona a Umpa-pà que no momento manifesta que se sae vitorioso, o cabaleiro xa non será o seu prisioneiro, senón o seu irmán e amigo. O protagonista consegue vencer, e Pasta de Hojaldre é adoptado pola tribo baixo o nome de Perruca Nevada, pola perruca empolvada que usa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario