lunes, 17 de diciembre de 2012

ROSALIE BLUM












Se tivese que escoller un libro para regalar en Nadal regalaría a novela gráfica Rosalie Blum de C. Jourdy. Ed. La Cúpula. Un texto divertido de debuxo detallista e minucioso, cheo de sensibilidade e humor sen límites.

Nun pequeno e aburrido pobo viven Vincent, un perruqueiro de trinta anos que aínda non conseguiu cortar o cordón umbilical que lle une á súa excéntrica nai; Rosalie, unha muller que tenta afogar o seu escuro pasado a través do whisky, e Aude, que se deixa arrastrar pola vida.
A vida monótona de Vincent verase perturbada por un encontro que lle xerará unha vaga e imprecisa reminiscencia de algo ou alguén pasado e que derivará en obsesión. O detonante é a aparición dunha muller, Rosalie, que parece levar unha vida tan aburrida como a de Vincent. Axudará este encontro a que Vincent supere os seus demos?.
En Rosalie Blum asistiremos a tácticas de espionaxe e contraespionaje e coñeceremos a desternillantes personaxes como o compañeiro de piso de Aude, que quere montar un circo sen ningún tipo de recurso económico; a misteriosa Bernardette; a aloucada e descarada Cécile, e a estrafalaria nai de Vincent.
Rosalie Blum recibiu os premios RTL en 2009 e o de autor revelación no Festival International da Bande Dessinée de Angoulême en 2010.


No hay comentarios:

Publicar un comentario