martes, 20 de mayo de 2014

martes, 13 de mayo de 2014

MISERABLES


Fai unhas semanas a DGT fíxo pública esta fotografía dun conductor lendo un libro mentres conducía!!!. Despois de varios análisis parece que o texto que levaba entre as mans este inconsciente, pondo en perigo a súa seguridade e a dos demáis, era Os Miserables. Nunha cousa estamos dacordo, a súa lectura engancha.





O AZAR


O clube de lectura dos maiores escolle Los Surcos del azar como lectura. Unha novela gráfica imprescindible para entender a nosa historia recente.

A través dos recordos de Miguel Ruiz, republicano español exiliado en Francia, Paco Roca reconstrúe a historia do Nove, unha compañía ás ordes do capitán Dronne integrada na segunda división blindada do xeneral Leclerc, e formada maioritariamente por republicanos españois. Unha historia apaixonante e esquecida sobre a contribución española na Segunda Guerra Mundial.
A maioría dos homes que compuñan O Nove tiñan menos de 20 anos cando en 1936 colleron as armas por primeira vez para defender a República española. Ningún sabía entón que os sobreviventes xa non as abandonarían até oito anos despois, e que na noite do 24 de agosto de 1944 serían os primeiros en entrar en París. Os carros de combate levaban, no morro, nomes sorprendentes: Madrid, Don Quichotte, Guadalaxara, Ebro ou Guernica. Os soldados se apellidaban Granell, Campos, Fábregas, Royo, Pujol... Eles encabezarán o desfile da vitoria do día 26 polos Campos Elíseos. Con todo, non lograrán a súa máxima meta de ver España libre do franquismo.

martes, 6 de mayo de 2014

BICICLETAS

El hombre que arreglaba bicicletas, unha novela de Ángel Gil Cheza...

COLGADOS

A resaca do día do libro deixa multitude de libros pendurados feitos polos alumnos coas súas preferencias. Letras para soñar...