martes, 11 de marzo de 2014

POR QUE?



Non hai referentes culturais e científicos femininos nos libros de texto dos colexios. Por que en 600 anos de literatura castelá, até o XX, a única autora que se se adoita citar nos manuais é Santa Teresa de Jesús? Esta pregunta formúlaa Ana López-Navajas, autora do estudo Análise da ausencia das mulleres nos manuais da ESO. Unha genealogía do coñecemento ocultado, que continúa: Por que non aparece Gertrudis Gómez de Avellaneda, recoñecida figura do romanticismo? Ou María Rosa Gálvez, do XVIII, que enchía máis teatros que moitos compañeiros seus? Todas estas cuestións a lanza ao aire o estudo, realizado pola Universidade de Valencia baixo o amparo do extinto Ministerio de Igualdade, que constata que os referentes femininos representan tan só o 7,5% do total de figuras que aparecen nos libros da ESO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario