lunes, 28 de enero de 2013

CIDADE DE FUME



A novela gráfica, Berlín, Cidade de fume, é o texto escollido para a vindeira reunión do clube de lectura.
O segundo volume da epopea histórica de Jason Lutes atopa ao pobo da República de Weimar buscando respostas tras a sanguenta manifestación do Primeiro de Maio de 1929. As vidas dos berlineses entrecrúzanse para crear un retrato sen fisuras da súa cidade mentres a tensión acrecéntase entre comunistas e nacionalsocialistas e a segunda guerra mundial perfílase no horizonte. Marthe Müller acompaña ao xornalista Kurt Severing cando este entrevista aos sobreviventes do masacre do Primeiro de Maio, adquirindo un mellor coñecemento dos conflitos políticos que a rodean, á vez que a relación entre ambos se desmorona e vese mergullada no decadente mundo nocturno da cidade. Do mesmo xeito que fixese no primeiro volume de Berlín. Cidade de pedras, Lutes consegue crear unha sensación de ansiedade e fatalidade inminente.


FACER LIBROS

O libro como obxecto a medio camiño entre o artesanal e o industrial.

lunes, 21 de enero de 2013

FRASES

FICCIÓN


Atopámonos cunha noticia ben curiosa na rede que serve para explicar os xéneros literarios. A semana pasada asistimos á confesión pública por dopaxe, nun programa de televisión norteamericano, do ciclista Lance Armstrong. Consecuencia, a Biblioteca de Manly, nas praias do norte de Sidney (Australia),anuncia que nos próximos días cambiará ós libros do ex-ciclista á sección de ficción. Unha boa maneira de denunciar os abusos do deporte e tamén comprender a importancia das clasificacións nunha biblioteca. 

lunes, 14 de enero de 2013

O MELLOR DO XUVENIL


A pesar do post anterior o que á Ponte de Babel de verdade lle interesa e a literatura xuvenil. El País fixo un listado moi completo de literatura co mellor do 2012 no referente a novela, album ilustrado e novos lectores. Seguro que atopades textos intesantes para solicitar na Biblio!!!.