Entre as novidades que podes atopar estes días na biblio están uns mangas moi interesantes. Obras da literatura universal que son interpretadas con absoluta modernidade pola editorial Herder. O Príncipe de Maquiavelo e A Divina Comedia de Dante son todo un regalo convertidos en comic xaponés.
martes, 17 de junio de 2014
OS MITFORD
Jessica Mitford era a quinta de seis irmás dunha lendaria familia aristocrática inglesa que durante os anos trinta e corenta do século XX faríanse famosas polas súas condutas supostamente escandalosas. As seis irmás Mitford eran, Nancy, Pamela, Diana, Unity, Jessica e Deborah cada unha coa súa peculiar personalidade, aínda que todas coa mesma apaixonada entrega aos seus ideais. Unity, admiradora fervente de Hitler; Nancy, cáustica escritora de best-sellers, amiga dos intelectuais da súa época; Pamela, independente e cosmopolita; Diana, esposa do líder fascista inglés Mosley; Deborah, prototipo da terratenente amante da xardinaría; por último Jessica que atopaba o mundo da súa familia tan peculiar como asfixiante e por iso decidiu abandonalo pronto: escapouse a España moi novo co seu noivo, un sobriño de Churchill, a loitar na guerra civil; o consecuente escándalo, que incluíu o envío dun destrutor británico para recuperar aos dous prófugos, inspirou algúns das pasaxes máis divertidas e mordaces dun libro que se publica con moito retraso en España.
Un libro de aventuras, un ensaio de antropoloxía social, unha historia de amor; Nobres e rebeldes é todo iso, ademais dunha deliciosa autobiografía.
martes, 10 de junio de 2014
MAFALDA
Quino o creador de Mafalda será o próximo Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. O xurado 2014 destacou "as lúcidas mensaxes de 'Quino', que seguen vixentes por combinar con sabedoría a simplicidade no trazo do debuxo coa profundidade do seu pensamento" e valorou "o enorme valor educativo" da súa obra. Mafalda non pode estar máis contenta e todos con ela!!!!.
martes, 3 de junio de 2014
FEIRA
A Feria do Libro de Madrid é un dos grandes acontecementos literarios do ano en España. O seu inicio, a semana pasada, serve de termómetro dun sector golpeado pola crise con dureza. Compartimos un enlace sobre os mellores carteis da Feira como homenaxe a unha cita ineludible.
GRAZAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)