martes, 3 de junio de 2014

FEIRA


A Feria do Libro de Madrid é un dos grandes acontecementos literarios do ano en España. O seu inicio, a semana pasada, serve de termómetro dun sector golpeado pola crise con dureza. Compartimos un enlace sobre os mellores carteis da Feira como homenaxe a unha cita ineludible.

GRAZAS

Todo un éxito a visita de Pedro Feijoo ó centro. Divertido e didáctico, foi marabilloso que compartise o seu xeito de traballar co 12 de Outubro (aportando manuscritos e esquemas temáticos). Unha gozada!!!. Grazas con sabor a mar.






martes, 27 de mayo de 2014

PEDRO FEIJOO


O mércores 28 visitará o noso centro Pedro Feijoo para falar da súa obra. Todo un luxo. O autor dos Fillos do mar contestará as vosas preguntas, e contará os seus novos proxectos.  

martes, 20 de mayo de 2014

NON DEIXES DE IMAXINAR


A GRAN GUERRA




The Great War, que acaba de chegar ás librarías con Mondadori, edítase nun curioso formato: un desplegable de 24 follas que configuran un campo de batalla de máis de sete metros. O fresco de Sacco está cheo de detalles: desde as trincheiras até soldados saltando polo aire, as explosións ou as cociñas de campaña. O escritor e xornalista non utilizou nin unha soa palabra para describir o horror que se viviu aquela xornada.