O soño de calquera bo amante dos libros sería ter tempo, moito tempo, para poder ler todo o que queda abandonado nos estantes por mor dunha vida cargada de presas. Este blog en parte cristaliza a utopía de ler un libro cada día, neste caso cunha nova reseña. Moi interesante.
martes, 3 de diciembre de 2013
DESAFÍO CHAMPIONS
Dende a Biblioteca e o departamento de Ciencias Sociais plantexamos un concurso que ten enganchados ós rapaces do primeiro ciclo da Eso. Un xogo xeográfico que consiste en relacionar os 32 escudos dos equipos que xogan este ano a Copa de Europa de Fútbol coas imaxes correspondentes as súas cidades de orixe. As mesmas ocupan un corredor do segundo andar do instituto, hoxe un balbordo de ilusión e coñecemento. O premio a camiseta do equipo preferido do gañador :)
martes, 26 de noviembre de 2013
LIBROS PARA DESCARGAR
A Rede municipal das bibliotecas de Sevilla colga a disposición dos cidadáns máis de 3000 libros para descargar de maneira gratuita. Todo un luxo.
martes, 19 de noviembre de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)